A polémica mediática sobre o sindicato OTRAS volveu intensificar o vello debate arredor da prostitución dentro dos feminismos. Pensamos interesante coñecer de primeira man unha das voces que defende o recoñecemento das prostitutas como suxeito político, con lexitimidade por tanto para (auto)organizarse e ter voz propia. Por iso nos achegamos ás xornadas-debate sobre traballo sexual que tiveron lugar hai uns días na cidade da Coruña, no Ateneo Xosé Tarrío e no Centro Social A Comuna. Conversamos con Saisei-chan, geisha catalá e feminista, conferenciante nestas xornadas. Leva catro anos exercendo a prostitución e declárase orgullosa de pertencer á loita polos dereitos das traballadoras do sexo.